O hipódromo pontevedrés de Campañó acolle a V Gala hípica Virxe Peregrina o 28 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalPontevedra
A-
A+

O hipódromo de Campañó acollerá este domingo, 28 de xullo a quinta gala hípica Virxe Peregrina organizada pola Asociación cabalar, en colaboración coa Comunidade de Montes de Campañó –propietaria do hipódromo-, e do Concello de Pontevedra, único colaborador
con esta actividade hípica única no municipio.

Dende as 11.00 horas, o hipódromo acollerá un concurso morfolóxico de estampa e beleza de cabalos, eguas, poldros e poldras, até 2 anos do país, cruzados, pura raza árabe e pura raza española.

Está prevista a participación cun cento de bestas que estarán valoradas polo xurado estatal Fernando Roca, que analisará os cabalos até as
20.30 horas, que está previsto o remate da exhibición e a entrega de premios. Haberá até 4.500 euros en metálico e trofeos para as distintas
categorías.

O espectáculo é de balde para todas as persoas que se queiran achegar este domingo até o hipódromo de Campañó.

24 de xullo de 2013 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.