O grupo vasco Ruaille Buaille convértese en gañador do Proxecto Runas 2013 do Festival de Ortigueira
O grupo vasco Ruaille Buaille faise co Concurso Runas 2013. O xurado, presente entre o público, optou pola proposta festiva deste grupo con importante presenza escénica. O Festival Ortigueira afronta mañá o seu último día de concertos nocturnos, coa presenza da mítica banda Gwendal, que completará en Ortigueira a celebración do seu 40 aniversario nos escenarios.
O xurado, integrado polo coordinador do Festival, Alberto Balboa, un produtor musical, un representante da Escola de Gaitas de Ortigueira e dúas persoas elixidas ao azar de entre o público asistente, decidiu que “pola súa calidade musical, a súa técnica e a súa capacidade para fusionar músicas do arco Atlántico e levantar o público congregado na Alameda que sexan Ruaille Buaille, os gañadores do certame Runas 2013.
O concurso, xurdido no ano 2000, ten como principal obxectivo dar a coñecer a grupos folks emerxentes, tanto nacionais coma internacionais, tanto nacionais coma internacionais. O premio será formar parte do cartel da próxima edición do certame folk. Actuación remunerada con 2.500 euros.
Tras a noite prólogo de onte, o Festival Ortigueira vivirá hoxe a primeira das súas noites centrais. Pisan o Estrela Galicia varios dos pesos pesados do cartel, como os irlandeses Kan e Guidewires e, por suposto, a Escola de Gaitas de Ortigueira.
O sábado, día por excelencia deste evento declarado de interese turístico internacional, emerxe como principal reclamo da programación a banda bretoa pioneira da fusión de música tradicional e rock, a histórica Gwendal. Non obstante, o grupo competirá en atractivo con propostas novidosas como a da macrobanda Dán, composta polos músicos das xa citadas Guidewires e Khan, ademais de Breton Quartet e a cantante Alyth McCormack- e o eclecticismo musical da desenfadada Banda Crebinsky.
Sábado 13 de xullo
10 h- Taller de composición musical no IES de Ortigueira.
12:15 h- Pasarrúas a cargo da Bagad Glazik Kemper e a Banda de Gaitas de Ladrido.
19:00 h- Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Soto Rei e a Banda de Gaitas Manxadoira.
20:00 h- Concerto de Sylvain Barou trío no Teatro de Benficencia (3 euros)
22:00 h- Escenario Estrella Galicia
Bagad Glazik Kemper (Bretaña)
Banda Crebinsky (Galicia)
Dominic Graham School of irish dance (Irlanda)
Dán (Escocia- Irlanda- Bretaña- Inglaterra)
Gwendal (Bretaña)
Harmonica Creams (Xapón)











