O grupo de teatro da Ágora representa mañá na Coruña “Bágoas de sangue (Últimas horas de Federico García Lorca)”
A Concellaría de Cultura informa de que mañá, xoves 11 de xullo, o centro Ágora acolle a representación de Bágoas de sangue (Últimas horas de Federico García Lorca), un espectáculo que xunta teatro, poesía, danza e canto.
O grupo de teatro da Ágora presenta a Lorca, prisioneiro, esperando a decisión dos seus captores e encóntrase só. Pola súa memoria van desfilando os seus poemas, imaxes da súa vida e recordos das mulleres que inmortalizou na súa obra.
O grupo de teatro da Ágora -os autores son Lola González e Víctor Barús-, coa colaboración do grupo de baile da Casa de Andalucía, a soprano Y-hua Chang e a camerata Piu Bella, ofrece este espectáculo mañá a partir das 20.30 horas. A entrada é libre ata completar aforamento.











