O goberno ourensá plantexa a posibilidade dun pleno extraordinario en agosto para aprobar a modificación orzamentaria
O concelleiro de Economía e Facenda, José Ángel Vázquez Barquero plantexou esta mañá aos grupos municipais de PP, BNG e DO a posibilidade de celebrar no vindeiro mes de agosto un Pleno Extraodinario para someter a aprobación a modificación dos orzamentos do Concello elaborada polo goberno municipal.
A súa celebración terá lugar, a expensas da dispoñibilidade dos concelleiros da Corporación, unha vez o expediente esté rematado, xa que na actualidade está en fase de informe por parte da Intervención Municipal, polo que non será posible que este expediente se inclúa no Pleno ordinario do mes de agosto que terá lugar pasado mañá. Unha situación que, como comunicou aos grupos esta mañá en Xunta de Área o concelleiro de Economía e Facenda, “o goberno municipal respecta, entendendo a sobrecarga de traballo que ten na actualidade a Intervención Municipal”.
Obras no acceso ao Muiño da Veiga
Por outra banda, na Xunta de Área de Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero explicou aos grupos que o retraso na execución da sobras do acceso ás Termas do Muiño débese á rotura dun colector, que fixo necesaria a súa substitución e orixinou un retarso dunha semana na execución das obras. Se prevé que o pavimento estará rematado a finais da semana próxima e poderá entrar en servizo en 15 días unha vez que o pavimento asente”
Ourense, Destino Termal
O concelleiro de Termalismo tamén informou na Xunta de Área que o Concello de Ourense participará dende mañá na Feira do Libro que ten lugar na cidade da Coruña para divulgar entre os seus visitantes o potencial de Ourense como Destino Termal.
A Concellería de Termalismo disporá dun expositor na feira que se desenvolverá dende mañá, xoves, día 1, ata o domingo, 11 de agosto, nos Cantóns, coincidindo coa celebración das Festas da Coruña, que está considerada como a segunda feira do libro máis importante das que se celebran en España, e prevé contar cun millón de visitantes.











