O goberno municipal ferrolá substituirá os elementos danados dos parques infantís e biosaudables

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou hoxe sobre as actuacións de mellora e mantemento que se levarán a cabo nos parques infantís e biosaudables da cidade. Estas actuacións de mellora atenden á demanda dos veciños e, tamén, dan resposta as  deficiencias detectadas durante as visitas realizadas ao abeiro da primeira fase do Plan de Barrios.

Ao respecto destes equipamentos municipais, Carro Muñoz sinalou que “ao igual que acontecía co mantemento de viarios ou co pintado e sinalización da cidade, a maioría dos parques infantís e biosaudables da cidade presentan deficiencias por mor da falta absoluta de mantemento durante anos, por iso cómpre facer agora un investimento para mellorar a situación”. Así as cousas, o Concello de Ferrol destinará un total de 12.800 euros a substituír e arranxar as pezas e elementos danados nestes parques, co que ademais de poñelos ao día e ofrecer un mellor servizo ao cidadán “estamos mellorando, paso a paso, a imaxe da cidade”, apuntou o edil ferrolá.

A empresa “Jardincelas S.L.”, encargada do mantemento de parques e xardíns, executará estes traballos, que comezarán nos vindeiros días. Os parques infantís nos que se realizarán os traballos de mellora son os seguintes:

– Parque musical Raiña Sofía: Reposto do elemento musical “Cisne” e das baquetas; e conxunto de baquetas grandes para Tubos Musicais.

– Parque infantil da praza de Amboaxe: Asento bebé con cadeas para columpio.

– Parque infantil da praza de España: Asento bebé para columpio.

– Parque infantil da praza 8 de Marzo: Rede curva completa de xogo.

– Parque infantil da praza de Sevilla:  Superficie de cama elástica con muelles.

– Parque infantil de Canido: Muelle infantil de chan brando.

– Parque infantil da rúa Sartaña: Muelle infantil de chan brando.

– Parque infantil da avenida de Telleiras: Cartel informativo.

– Paque infantil da rúa Juan de Austria: Asento plano con cadeas para columpio.

– Parque infantil Fontelonga: Asento-cesta con cadeas para columpio “Niño de paxaro”.

– Parque infantil da Malata: Dúas unidades de asento plano con cadea para columpio.

– Parque infantil da Cabana: Asento redondo para columpio-cesta.

– Parque infantil paseo marítimo de Doniños: Asento plano con cadea para columpio e asento bebé con cadeas.

– Parque biosaudable do paseo marítimo de Caranza: Pie rotativo para o aparato chamado “Cintura”, perna dereito do elemento denominado “Patín”, eixo e asento de columbio e reposto de perna para o aparato denominado “Surf”.

– Parque biosaudable da rúa Pío V (Caranza): Pedal de multibiosaudable en banco.

– Paque biosaudable do Inferniño: Panel redondo de biosaudable e roda.

 

30 de xullo de 2013 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.