O goberno de Sober felicita a Gael Verao tras acadar unha beca para mellorar a súa formación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSober
A-
A+

O Concello de Sober traslada a súa felicitación e a de todos os veciños e veciñas ao enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade da Coruña e natural da localidade Gael Verao Fernández por ser un dos dez elixidos pola Fundación Barrié para cursar un máster no extranxeiro co que poder mellorar a súa formación.

En concreto, o mozo de Sober irá ao Reino Unido, á Universidade de Plymouth, onde levará a cabo un máster de Enxeñería Civil. A beca obtida por Gael Verao cobre a matrícula e a estancia no país de destino.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, sinala que o recoñecemento que a Fundación Barrié lle fixo a Gael Verao “constitúe un orgullo para todos os soberinos”. O Goberno local trasládalle a felicitación ao enxeñeiro e aos seus pais, Suso Verao e Branca Fernández.

12 de xullo de 2013 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.