O goberno de Rey Varela colabora coa Asociación Parkinson nunha campaña de sensibilización sobre a enfermidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O Goberno Municipal de Ferrol, que dirixe Jose Manuel Rey Varela, vén de formalizar un convenio de colaboración coa Asociación Parkinson Ferrol para a realización do proxecto “Campaña de sensibilización sobre a enfermidade de Parkinson e aplicación das terapias para mellorar a calidade de vida”. A Concellería de Benestar Social, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, contribuirá coa cantidade de 3.000 euros para a posta en marcha desta proposta.

“O obxectivo deste acordo de cooperación é a sensibilización da poboación xeral sobre a enfermidade de Parkinson e a aplicación de terapias que melloren a calidade de vida das persoas que sofren esta doenza, baseándose nunha intervención multidisciplinar cos servizos especializados de intervención fisioterápica, logopédica, psicolóxica, así como, a rehabilitación cognitiva e grupos de axuda mutua” explicou a edil responsable das políticas sociais do Concello de Ferrol.

22 de xullo de 2013 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.