O goberno de Neda formula medidas para suavizar o custo da auga aos fogares con máis de catro persoas
O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, informou aos grupos municipais con representación no Concello, e tamén aos veciños que acudiron na xornada de onte á sesión plenaria ordinaria, da intención do goberno municipal de intentar suavizar o custo da auga para aqueles fogares nos que residan máis de catro persoas. Tras realizar as oportunas xestións, o executivo municipal traballou na busca de alternativas para aforrar custos na factura que o Concello paga pola auga. E de materializarse esas medidas, o Concello podería repercutir ese aforro nos propios veciños.
Esas alternativas que estuda o goberno municipal pasarían por canalizar a auga de mananciais de Peteirella, de propiedade municipal. Con iso, o Concello non tería que comprar a auga en alta a Emafesa cada vez que se procede ao peche da canle da Mariña para efectuar reparaciones. Sen ir máis lonxe, este ano o Concello tivo que aboar por este concepto máis de 26.000 euros. Ao mesmo tempo, aforraríase en gasto enerxético, xa que tampouco tería que aboar os custos do bombeo da auga, xa que no caso da Peteirella se produciría por caída natural.
Con ese aforro, o Concello estaría en condicións de modificar as taxas e incorporar bonificacións para aqueles fogares nos que residan máis de catro persoas, e nos que o consumo é superior, ao igual que a factura.
Por outra parte, na mesma sesión plenaria, o pleno da corporación avalou por unanimidade unha moción de apoio e defensa do Colexio Oficial de Avogados. Tamén con todos os votos a favor aprobouse unha moción de apoio ao equipo de Megasa. E, finalmente, coa mesma unani-midad se deu luz verde á ordenanza reguladora da talla e extracción de madeira.











