O goberno de Ferrol habilitada as dependencias do Concello para os familiares de pasaxeiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de Ferrol ten habilitado o Salón de Plenos da Casa Consistorial para familiares de viaxeiros do ferrocarril entre Madrid e Ferrol sinistrado este serán a poucos quilómetros do casco urbano de Santiago de Compostela. Efectivos de Protección Civil e psicólogos están a disposición destas persoas.

Nas dependencias municipais de Ferrol permanece o primeiro tenente de Alcaldía, Guillermo Evia Pérez, así como varios membros do Goberno Municipal, entre outros, a voceira do executivo local e a concelleira de Benestar, Martina Aneiros Barros e Rosa Martínez Beceiro.  Ademais, o alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, continúa na capital galega. O primeiro edil de Ferrol viaxaba cara Santiago de Compostela para asistir aos actos conmemorativos do Día de Galicia cando recibiu a noticia do accidente ferroviario e se desprazou ao lugar dos feitos.

A voceira do Goberno Municipal, Martina Aneiros transmitiu o seu apoio e solidariedade ás familias nestes difíciles momentos, ao tempo que lamentou o tráxico accidente.

25 de xullo de 2013 | 02:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.