O goberno de Ferrol comeza a mellora do mobiliario dos paseo marítimo da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O Goberno Municipal de Ferrol, a través da Concellería de Servizos e Medio Ambiente que dirixe Borja Carro Muñoz, iniciou o plan de mellora dos paseos marítimos da cidade -Caranza e A Malata-. Os operarios da empresa concesionaria do servizo municipal de parques e xardíns encárgase dende hoxe da substitución dos barrotes de madeira dos bancos que se atopan deteriorados. A actuación comezou polo paseo de Caranza e unha vez que remate nesta zona seguirá polo da Malata.

Entre ambos paseos, os operarios arranxarán ao redor de 200 bancos que presentan numerosas deficiencias coa instalación de máis de 800 listóns de madeira. Na xornada de hoxe, darán comezo os traballos de mellora no paseo marítimo de Caranza, que se prolongarán durante quince días aproximadamente e seguirán polo paseo da Malata.

Dentro deste plan de mellora dos paseos marítimos, tamén se procerá, en vindeiras datas, á instalación de novas papeleira. Ademais, dentro desta actuación xa foron executados traballos de roce de zonas verdes e de pintando e sinalización na Avenida do Mar.

15 de xullo de 2013 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.