O goberno da Coruña pide á empresa e aos sindicatos que apliquen a boa fe e cheguen a un acordo na folga do tratamento de basura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLocal Portada
A-
A+

O concelleiro de Medio Ambiente, Enrique Salvador, informou esta mañá de que se está cumprindo o dispositivo especial de recolleita de lixo e os servizos mínimos na planta de Nostián, postos en marcha con motivo da folga de tratamento de lixo. Neste sentido, informou de que, durante a noite, saíron 8 rutas e que se cumpriron todas as previsións de recolleita; e que, nun segundo percorrido, saíron dúas rutas con 4 camións.

Enrique Salvador destacou que ao longo da mañá Cespa continuará coa recolleita de lixo para completar o servizo de noite e minimizar as consecuencias da folga nos horarios de recolleita e no operativo habitual. O responsable municipal subliñou que a folga é na planta de Nostián, polo que non debería afectar aos servizos de recolleita de lixo nin de limpeza viaria. Así mesmo, lamentou os actos vandálicos que han ter lugar durante a madrugada fóra da planta.

O Goberno local está facendo todos os esforzos posibles para garantir que esta folga non afecte aos cidadáns e seguirá velando polos intereses dos coruñeses. Enrique Salvador insistiu en que os conflitos deben e teñen que resolverse nos despachos.

O concelleiro de Medio Ambiente recordou que desde principios de ano as partes implicadas mantiveron máis dunha decena de reunións e que hoxe está previsto outro encontro. Neste sentido, Enrique Salvador apela á empresa e aos representantes sindicais para que acheguen posturas e que sigan o camiño da negociación. O Concello seguirá pendente do transcurso das negociacións e confía en que se aplique a boa fe para chegar canto antes a unha solución.

Para finalizar, Enrique Salvador sinalou que, co inicio das festas de María Pita, o Concello reforzará si é necesario o servizo de recolleita de lixo.

31 de xullo de 2013 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.