O galego Cándido Carrera e José Antonio Suárez consolídanse no panorama mundial ao gañar o Rally de Grecia

Cándido e Javier co trofeo
O copiloto de Salvaterra de Miño, Cándido Carrera, correrá este fin de semana a terceira cita do Mundial Júnior de Rallys, o Rally de Finlandia.
A proba, con centro neurálxico na cidade de Jyvaskyla, será a última sobre terra, tras os rallys de Portugal e Grecia, onde José Antonio Suárez e Cándido Carrera saíron moi reforzados tras un segundo posto en Portugal e a vitoria en Grecia.
En Finlandia o obxectivo será loitar pola vitoria nuns tramos moi complicados, con moitos rasantes cegos e onde as altas velocidades son unha constante. Ademais o seu principal rival, o piloto sueco Pontus Tideman ,actual líder do Mundial Júnior, é un especialista neste tipo de tramos, polo que a loita pola vitoria en Finlandia será espectacular.











