O fotocol “gústame o galego” chega a Trives e Manzaneda
O vindeiro sábada, día 3 de agosto, os Concellos de Manzaneda e A Pobra de Trives, dende a oficina de Dinamización Lingüística, organizan un Fotocol “Gústame o Galego”.
No Concello da Pobra de Trives terá lugar dende as 11 ata as 14 horas na Praza do Pilón.
No Concello de Manzaneda desenvolverase nas piscinas municipais dende as 17 ata as 20 horas.