O Festival Ortigueira estrea a colección de instantáneas sobre a anterior edición titulada “Momentos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOrtigueira
A-
A+
Algunhas das fotografías expostas

Algunhas das fotografías expostas

O Festival Ortigueira 2013, que terá lugar do xoves 11 ao domingo 14 de xullo, aposta un ano máis por converterse nun auténtico escaparate multidisciplinar. A oferta programada pola organización, liderada polo Concello de Ortigueira, inclúe media ducia de propostas entre as que cabe destacar a exposición “Galicia’s dream” do fotógrafo Vicente Ansola, premio Hasselblad Masters 2012. A xeito de adianto do certame, hoxe estreouse na Casa Consistorial “Momentos”, mostra fotográfica inspirada na anterior edición do evento.

A dirección reforzou na súa nova edición as propostas paralelas, destinadas a converterse en alternativa ao descanso nas horas en que non funciona o Escenario Estrela Galicia. A programación diúrna incluirá diario, á marxe de pasacalles a cargo de bandas de gaitas nacionais e internacionais, a tradicional feira de artesanía, que permitirá aos festivaleros levarse á casa produtos feitos a man procedentes de medio mundo, e as dúas mostras fotográficas citadas.

A primeira delas, “Momentos”, reflicte o particular visión que do Festival Internacional do Mundo Celta ten o fotógrafo local Toni Rego; unha mirada na que os músicos acaparan gran parte do protagonismo, se ben tampouco faltan pinceladas do ambiente e da paisaxe humana do certame.

Pola súa banda, “Galicia’s dream”, que asina Vicente Ansola, “o retratista de Vialeimil”, brindará aos festivaleros a oportunidade única de gozar co traballo deste cántabro, centrado no lugar da Pontenova e as súas xentes. Son fotos que falan de despoboamento, de desaparición dun mundo e un modo singular de vivir, o do rural galego, que fixeron merecedor ao seu autor do prestixioso Premio Hasselblad Master 2012. Ambas as dúas exposicións poderán visitarse de forma ininterrompida de 10 a 22 horas na Casa Consistorial e no Centro de Recepción de Visitantes, respectivamente.

A estas propostas permanentes únese a estrea do documental “Ortigueira: ecos de Finis Terrae” dirixido polas norteamericanas Biliana e Mariña Grozdanova, creadoras do a produtora “o Xinete Films” (Teatro de Beneficencia, venres ás 20 horas) e, por suposto, os renovados talleres folks, que se desenvolverán nas instalacións do instituto local e xirarán en torno á danza tradicional irlandesa e a composición musical.

O líder do grupo Crema de gaita, Ernesto Campos, oficiará durante dous días- venres e sábado- de mestre no taller de composición, en tanto que Dominic Graham, director da célebre escola que actuará no Escenario Estrela Galicia, será o encargado de iniciar os folkies máis animados no baile tradicional do seu país. Unha proposta para a tarde do venres e aberta a todos os públicos.

8 de xullo de 2013 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.