O Espazo Xove de Betanzos acolle a exposición das obras gañadoras de Xuventude Crea 2012
Durante o mes de xullo de 2013 o Espazo Xove de Betanzos (r/ Valdoncel, 7) acolle a exposición itinerante dos traballos premiados na modalidade de artes plásticas (pintura, escultura e fotografía) do certame de creadores novos Xuventude Crea 2012.
Todos/as os/as interesados/as poderán coñecer de primeira man os traballos premiados en horario de mañán.
As obras expostas son:
1º premio (compartido):
Andrea Valado Díaz, coa obra “Serie reminding” (fotografía)
Tania Pérez Arribas, coa obra “Domino Vs Dómina” (escultura)
2º premio (compartido):
Aída Rodriguez Donoso, coa obra “Sete ollos ven máis ca dous” (pintura)
Jacobo Lorenzo Nespereira, coa obra “Ferido” (pintura)
3º premio (compartido):
Joan Morera Arbones, coa obra “Visións da paisaxe III” (pintura)
Lis María García Calvo, coa obra “Aurora” (pintura)
Esta exposición é itinerante e nos vindeiros meses estará no Espazo Xove de Noia (agosto), Chantada (setembro) e Tui (outubro).
Esta iniciativa está enmarcada no Circuíto de Creatividade 2013, posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar.











