O escenario de Campo das Redes vivirá a súa estrea cun concerto de saxos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

O escenario do Campo das Redes inaugurará mañá a tempada estival coa actuación ás 22.30 horas da Orquestra de Saxos do Conservatorio de Redondela. A orquestra está formada por alumnos do conservatorio profesional de Redondela, con idades comprendidas entre os oito e os 27 anos, converténdose nunha orixinal agrupación, tanto na súa composición coma no seu espírito formativo e didáctico.

A orquestra naceu hai catorce anos, froito da inquietude pedagóxica da súa fundadora e directora, Elisa Arias Trigo. Dende entón, realizaron numerosos concertos e actuacións pola xeografía galega, ampliándose máis tarde ao ámbito nacional e internacional.

4 de xullo de 2013 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.