O doutor Bartolomé Beltrán será o pregoeiro das festas do Carme en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaMarín
A-
A+
Doutor Bartolomé Beltrán

Doutor Bartolomé Beltrán

Dende o Concello de Marín propúxoselle ao Doutor Bartolomé Beltrán que fora o Pregoeiro das Festas do Carmen de 2013, aceptando o convite. O acto oficial terá lugar o sábado día 13 de xullo ás 20.00 h na Alameda de Marín, previo ao Acto do Certame de Bandas que organiza a Agrupación Cultural Airiños de San Xulián. A Recepción realizarase na Casa Consistorial onde as Autoridades recibirán todas as Bandas participantes e o Pregoeiro das Festas deste ano 2013.

Curriculum do doutor Bartolomé Beltrán

Médico, escritor, editor e experto en comunicación audiovisual. Licenciado en Medicina (1973) pola Universidade de Valladolid. Especialista en toco-xinecoloxía pola Universidade Complutense (1978). Foi membro do Departamento de Xinecoloxía no Hospital Gómez Ulla.

Membro da Sociedade Xinecolóxica Española, da Federación Internacional de Xinecoloxía e Obstetricia (FIGO) e secretario xeral da Sociedade Española de Fertilidade (1984).

Académico polas Academias de Medicina de Murcia e Valladolid.

Membro de Número da Academia Médico-Quirúrgica Española.

Membro do Consello Asesor do Ministerio de Sanidade.

Dende 1982 é coñecida en España a súa tarefa de produción informativa e de divulgación, en programas de prensa e radio, sobre saúde e ciencias biomédicas nos espazos pioneiros “La salud es lo que importa” en Antena 3 Raio (1982) e en Antena-3 Televisión, “Viva la salud” (1991), “Viva la vida”(1992-93) e “En Buenas Manos” (1994). Fundador de Antena 3 de Radio e Televisión, na actualidade é Director de Prevención e Servizos Médicos de Antena 3 e Onda Cero.

Entre os múltiples galardóns obtidos destacan a Medalla de Ouro da Cruz Vermella (1982). Médico Humanista do Ano 1992, pola revista El Médico.

Premio da Organización Mundial da Saúde (1988), polos traballos no sector cardiovascular.

Premio Ondas (1990).

Antena de Ouro da comunicación (1993).

Premio da Sociedade Española de Médicos Escritores (1993).

Como divulgador médico científico cabe destacar as súas obras como “Guía práctica para la mujer embarazada” (1983). “Siempre mujer, ante la menopausia (1988). “Mujeres. Los seis biotipos femeninos” (1993). “Todo sobre el embarazo” (1994). “La salud de la A a la Z” (1994). “Enciclopedia Práctica de Medicina Baleares” (1995). A súa obra de difusión médico-sanitaria estendeuse por case toda Sudamérica en diferentes canles de televisión. Na actualidade mantén programas e artigos diarios e semanais en prensa, radio e televisión.

3 de xullo de 2013 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.