O departamento de viarios ferrolá repasou máis dun centenar de tramos de rúas e beirarrúas na Magdalena, Esteiro e Recimil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Servizos do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou hoxe sobre as actuacións de mantemento de viarios e beirarrúas acometidas nas últimas semanas nos barrios da Magdalena, Esteiro e Recimil. Estas tarefas levadas a cabo polas cuadrillas de Misturas S.A –empresa adxudicataria do servizo- súmanse ás feitas en cada unha das zonas antes citadas con motivo do novo Plan de Barrios posto en marcha a finais do pasado mes de febreiro polo Goberno Municipal que dirixe Jose Manuel Rey Varela. Así as cousas, as intervencións de repaso de mantemento, que se están facendo de maneira paralela ao desenvolvemento do Plan de Barrios, permiten cubrir deficiencias pendentes e novas peticións veciñais.

No que atinxe á zona da Magdalena, os traballos executados polos operarios da empresa adxudicataria se centraron na reparación de beirarrúas. As actuacións teñen un importe estimado de 3.000 euros e foron acometidas nun total de 17 tramos das seguintes rúas:

– Rúa Sol esquina con rúa Terra (2 tramos).

– Rúa Terra, entre rúa Sol e María (12 tramos).

– Rúa Terra (2 tramos).

– Rúa María esquina a rúa Terra (1 tramo).

Por outra banda, as actuacións executadas no barrio de Esteiro polo servizo municipal tamén se centraron no mantemento de beirarrúas en 33 tramos das seguintes calzadas:

– Rúa Taxonera, esquina coa Travesía Moreno (4).

– Rúa Taxonera, esquina con rúa Españoleto (1).

– Rúa San Roque-Ánimas (11).

– Colexio de Esteiro fronte ao polideportivo (1).

– Rúa San Ramón (13).

– Rúa Naturalista López Seoane (3).

Por último, os traballos acometidos polos operarios da empresa adxudicataria da prestación municipal en Recimil se centraron no mantemento do aglomerado e das beirarrúas.  As intervencións de aglomerado foron executadas nun total de 23 tramos da estrada de Castela esquina coa rúa Pontevedra (8) , rúa Ramón y Cajal esquina a Manuel Murguía (1), rúa Fene (1) rúa Carballo Calero (13); mentres que as actuacións en beirarrúas se acometeron en 33 tramos da rúa Ramón y Cajal esquina a Manuel Murguía (8), rúa Euskadi (15), rúa Mugardos (3), rúa Alta entre Praza de España e Praza de Sevilla (7).

3 de xullo de 2013 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.