O concurso de teloneros do Noroeste Pop Rock da Coruña xa ten finalistas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLocal Portada
A-
A+

A Concellaría de Cultura, informa de que o proceso de elección dos 4 grupos que abrirán os concertos do Noroeste Pop Rock pasou á súa segunda fase coa elección das oito bandas que a próxima semana ofrecerán un concerto na Sala Túnel.

Así, reunido o xurado do Concurso de entrantes para o Festival Noroeste Pop Rock na tarde de onte e tras as deliberacións correspondentes, concluíuse que os finalistas da categoría Pop serán:

Younger Boys (A Coruña).

Doctor Snob (A Coruña).

Los Árboles (A Coruña).

Sabdios (A Coruña).

Na categoría Rock, os finalistas foron:

Sandford Music Factory (A Coruña).

Moondogs Blues Party (A Coruña).

Doctor Gringo (Santiago).

Pülsar (A Coruña).

Os días 15 (categoría Pop) e 16 de xullo (categoría Rock) a partir das 20.00 horas farase a selección final, cunha actuación en directo dos preseleccionados na Sala Túnel do Coliseum, con acceso gratuíto a través de convite que poden recollerse nos despachos da Praza de Ourense ou nas do Coliseum esta tarde do concerto. Desta selección elixiranse aos catro grupos que actuarán en directo no Noroeste Pop Rock, que se celebrará na praia de Riazor os días 9 e 10 de agosto.

O día 9 de agosto actuarán os dous mellores grupos de modalidade pop, segundo se clasificasen. O segundo clasificado actuará ás 21.30 horas e o primeiro clasificado ás 22.15 horas. O día 10 actuarán os dous mellores grupos de modalidade rock, actuando o segundo clasificado ás 20.30 horas e o primeiro clasificado ás 21.15 horas. Cada actuación terá unha duración de 45 minutos.

12 de xullo de 2013 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.