O Concello reeditará en agosto o concurso de pinchos “Mellor… con pan de Neda”
Tras o rotundo éxito do ano pasado, o Concello vén de convocar a segunda edición do Concurso de Pinchos “Mellor… con pan de Neda”. Segundo explicou a concelleira de Promoción Turística, Facenda e Patrimonio, Montse Rico, celebrarase do 15 ao 25 de agosto e a iniciativa enmárcase no ciclo de actividades previas á XXV Festa do Pan de Neda, declarada de Interese Turístico de Galicia. Obxetivo? A edil sinala: promocionar e promover conxuntamente a industria panadeira e a hostelería da real vila.
Tras unha primeira reunión celebrada a pasada semana cos hosteleiros da vila, sector e Concello acordaron que o prazo de inscripción se manteña aberto ata o próximo 19 de xullo e deberá formalizarse ben no consistorio ben no correo alcaldia@neda.es.
Segundo se recolle nas bases, o pincho debe ser unha creación culinaria coidada na que necesariamente un dos compoñentes debe ser o pan de Neda. Así mesmo, o xurado será popular. É dicir, serán os propios clientes os que elixan os mellores pinchos. Para isto, editaranse unhas tarxetas nas que aparecerán casillas para cada un dos locais participantes. Así, aqueles que desexen formar parte do xurado deberán depositar a súa tarxeta selada en cada un dos negocios, asegurando deste xeito que degustou todos os pinchos e sinalando no documento a súa elección. Este ano, os locais poderán elixir o horario no que vaian a participar, comunicándoo previamente á organización para que se especifique nas cartillas, facilitando así aos clientes toda a información necesaria.
A entrega de premios celebraráse no transcurso da Festa do Pan, o día 1 de setembro. Haberá dous galardóns: ao Pincho máis saboroso e ao máis orixinal. Recibirán diplomas acreditativos e trofeos. Ademáis, e como novidade este ano, todas as cartillas seladas entrarán a formar parte dun sorteo co seu conseguinte premio.











