publicidade hoxe

O Concello inicia o obradoiro “A arte de contar”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosLocal
A-
A+

O vindeiro luns dará comezo o obradoiro A arte de contar no Centro Cultural San Francisco, dirixido a nenas e nenos entre 4 e 7 anos. A actividade realizarase entre o 15 de xullo e o 9 de agosto en horario de mañá, de 11:00 h a 12:30 h, os luns, mércores e venres. A iniciativa será impartida por María Inés Cuadrado, actriz especializada, entre outras cousas, en espectáculos sobre contos, lendas e poemas para público infantil e adulto.

Este obradoiro ten como finalidade fomentar a expresividade, a capacidade xestual e corporal coa conciencia do propio corpo, estimular a imaxinación e o xogo e aumentar a seguridade e a autoestima a través da cooperación, para alén de promover a interacción entre a infancia grazas a técnicas teatrais e os xogos de expresión corporal.

As inscricións foron todo un éxito, pois cubríronse todas as prazas nos primeiros días do prazo para se inscribir nesta actividade que por quinto ano sucesivo organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos.

12 de xullo de 2013 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.