O Concello e Cruz Vermella manteñen a súa colaboración

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

A concelleira de Benestar Social, María Castelao, reuniuse co novo coordinador de Cruz Vermella en Compostela, Santiago López Insua, e fixeron un repaso dos asuntos e materias nos que colaboran ambas institucións. O novo coordinador e a concelleira revisaron o estado dos proxectos en común e puxeron as bases para seguir optimizando os recursos cos que contan ambas instuticións de cara a unha mellor coordinación que redunde nunha mellor prestacións dos servizos.

Cruz Vermella e o Concello de Santiago teñen actualmente un convenio en vigor e colaboran mutuamente por exemplo no servizo de prestación de alimentos.

2 de xullo de 2013 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.