O Concello de Xove organizou a II Maratón de Bolos

Participantes na maratón de bolos
Esta pasada fin de semana, concretamente os dias 6 e 7 de xullo, celebrouse no Campo de Bolos de Sumoas a IIª Maratón de Bolos Concello de Xove, na que participaron xogadores de toda a Provincia de Lugo e algúns xogadores asturianos. Por problemas de axenda non pudieron desprazarse xogadores de Ourense e do Val Miñor, coma fixeran o pasado ano.
A Maratón comezouse o sábado 6 ás 15:00 horas, xogándose continuamente ata as 4:30 da madrugada; durante a mañá do domingo 7 disputáronse as semifinais e finais das distintas categorías.
A Maratón contou coa colaboración do Concello de Xove. Neste sentido, o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Deportes Cristina Iglesias desprazáronse o domingo ata o campo de Sumoas para presenciar a final e presidir a entrega de trofeos aos gañadores/as.
A clasificación das diferentes categorias foi a siguiente:
CATEGORÍA ABSOLUTA:
CAMPION: Ginés Rodríguez Fernández (Club de Bolos Xove)
SUBCAMPEON: Moises Salgado Pol (Club Cruceiro de Meilan)
TERCEIRO: Cristian Rodriguez Baño (Club de Bolos Xove)
CATEGORÍA FEMENINA:
CAMPIONA; Dolores Baño Fraga (Club de Bolos Xove)
SUBCAMPEONA: Belen Meitin Rouco (Club de Bolos Xove)
Terceria: Mari Carmen Roca Corral (Club de Bolos Xove)
SEGUNDA DIVISIÓN:
CAMPEON: Francisco Perez Gonzalez (Club de Bolos Xove)
SUBCAMPEON: Jordi Meitin Serantes (Club de Bolos Xove)
TERCEIRO: Adan Rodriguez Roca (Club de Bolos Xove)
CATEGORÍA VETERANOS:
CAMPEON: Arturo Rodriguez Alvarez (Club de Bolos Xove)
SUBCAMPEON: Jose Maria Gonzalez (Club de Bolos Xove)
TERCEIRO: Modesto Albo (No federado)
CAMPEON DE DESQUITE: Luis Rancaño Bouso (Club Cruceiro de Meilan)
CAMPEONA DESQUITE: Belen Meitin Rouco (Club de Bolos Xove)











