O Concello de Vilagarcía solicita colaboración veciñal ante o corte de rúas pola X Carreira Nocturna

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

Diante da celebración, este sábado, da X Carreira Nocturna “Concello de Vilagarcía”, o goberno local pide a maior colaboración dos veciños ante os inevitables cortes de rúas que se van producir e que obrigarán a realizar algúns desvíos do tráfico, dende as 20,30 ás 23,30 horas.

As rúas afectadas son a avenida da Mariña, Rivero de Aguilar, Valle Inclán –ata a rotonda que dá acceso ao porto e inicia a estrada de beiramar ata Vilaxoán- e o paseo Elpidio Villaverde, que conecta as dúas primeiras rúas citadas. Dende as 20,30 horas, todas estarán pechadas ao tráfico, de xeito que os que veñan de Cambados e queiran dirixirse ao Carril, ou ao revés, terán que facelo polo centro da cidade.

A Carreira Nocturna convoca cada ano a preto de cincocentos atletas vindos de toda Galicia e é xa unha cita fixa do calendario do atletismo da comunidade. O Concello pide, pois, colaboración dos veciños e visitantes para que a proba sexa, unha vez máis, un éxito e unha demostración da capacidade organizativa dos vilagarciáns.

26 de xullo de 2013 | 06:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.