O Concello de Vilagarcía solicita a colaboración veciñal para erradicar os vertidos ao río do Con
Tralo último vertido ao río do Con, provocado por unha avaría nos bombeos da rede de saneamento, o Concello volve a requirir dos veciños a súa colaboración para erradicar este tipo de situacións. Cada vez son máis os residuos non biodegradables que van á rede, o que provoca os atascos que, á súa vez, derivan nun desbordamento e, en consecuencia, nos vertidos incontrolados ao río. Nesta ocasión, como noutras anteriores, obsérvase que a presenza de produtos como panos de bebés, compresas e outros non biodegradables están máis presentes, ata o punto de que se hai apenas uns meses bastaba con levantar e limpar os cestóns cada dous o tres días, agora é preciso facelo cada día e ás veces en dúas ocasións en cada xornada para que evitar que os atascos e os desbordamentos se produzan.
O concello conta cos medios técnicos e humanos para tratar de evitar estas situacións, pero para iso é necesario que a veciñanza colabore facendo un uso correcto da rede de saneamento, á que non se pode botar calquera residuo.











