O Concello de Vigo investirá neste ano 32,2 millóns en humanizacións e renovación de redes

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+

O Concello renovará rúas e canalizacións no centro e nas parroquias por un valor anual de 32,2 millóns de euros. Deste montante, 11,2 millóns corresponden ao Plan de Investimentos de Aqualia, e o resto procede de partidas municipais.

O concelleiro de Fomento, David Regades, cifrou o investimento municipal en humanizacións e renovación de redes en 32,2 millóns neste ano 2013, unha cantidade que sitúa a Vigo como o Concello máis inversor de Galicia e un dos máis inversores de España. Este plan, ademais de mellorar a cidade, desenvolve políticas keinesianas de creación de emprego, unha prioridade para o goberno local. Deste montante de 32, 2 millóns de euros, dos que 11,2 corren a cargo do Plan de Investimentos de Aqualia e, o resto, procede de partidas municipais.

31 de xullo de 2013 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.