O Concello de Vigo instalará unha pantalla para seguir as celebracións do Cristo desde fóra da Concatedral

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+

Caballero confirmou que este ano o Concello tamén porá unha pantalla para que a cidadanía que non poida acceder á Concatedral poida presenciar os actos desde fóra. Tras unha reunión cos responsables da Confraría, o alcalde apuntou que a revisión do percorrido da procesión terá lugar este mesmo martes.

Abel Caballero adiantou que o pregón terá lugar, coma é habitual, no Pazo de Castrelos e que a revisión do percorrido da procesión será hoxe mesmo, para garantir que tanto o pavimento como a iluminación permitan unha axeitada celebración.

O alcalde mantivo este martes unha reunión cos responsables da Confraría, desexou que os festexos e actos conmemorativos polo Cristo da Victoria, dos que participan “miles de persoas”, transcorran con toda “normalidade” e avanzou que “teremos a cidade preparada”.

16 de xullo de 2013 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.