O Concello de Verín abre o prazo de inscrición das Escolas Deportivas de Fútbol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

Abriuse o prazo de inscrición para formar parte das Escolas Deportivas de Fútbol do Concello de Verín, para a tempada 2013-2014, organizadas pola área de Mocidade e Deportes do Concello de Verín.

Esta iniciativa, creada para impulsar escolas de fútbol de calidade entre os/as nenos/as do municipio, está destinada as seguintes categorías: pre-benxamíns (nados/as 2006), benxamíns (2005-2004), alevíns (2003-2002), infantís (2001-2000), cadetes (1999-1998) e xuvenís (1997-1996-1995).

A inscrición para formar parte das Escolas Deportivas de Fútbol debe realizarse, de 10 a 13 horas, nas instalacións do Complexo Deportivo ‘A Granxa’. A documentación a achegar é a seguinte: xustificante de pago do ingreso da cota na Caixa Rural de Verín -120 euros para os/as eurocidadáns/nas no Concello de Verín e 150 para os non eurocidadáns/as neste municipio-, fotocopia do DNI, dúas fotografías tamaño carné, fotocopia da tarxeta da seguridade social, xustificante de protección de datos-fotografías e xustificante da autorización paterna-materna para participar en competicións deportivas.

 Os/as eurocidadáns/nas deben acreditar a posesión da Tarxeta do Eurocidadán -a mesma está destinada a residentes nos municipios de Chaves e de Verín, e pode ser requirida de modo gratuíto nas dependencias do Municipio de Chaves, sede da Eurocidade ou no Concello de Verín-. Para a emisión desta tarxeta os/as residentes do municipio de Verín a documentación necesaria para a súa solicitude é: DNI -no caso de cidadán nacional-, certificado de residencia -no caso de cidadán estranxeiro- e cubrir a ficha de inscrición (a entregar polo GAT ou a descargar na páxina web). Mentres que en Chaves deben presentar a seguinte documentación: cartão do Cidadão ou Bilhete de Identidade -en caso de cidadán nacional-, autorización de Residencia en Portugal, emitido pola entidade competente -en caso de cidadán estranxeiro-; cartão do Cidadão, do Bilhete de Identidade ou da Autorización de Residencia en Portugal dos pais ou do representante legal -en caso de menores que non posúen documento de identificación-.

9 de xullo de 2013 | 15:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.