O Concello de Vedra organiza unha ruta de sendeirismo a San Xoán da Cova
O domingo 4 de agosto é a quenda como concello organizador a Vedra.
O punto de encontro será as 9:30 h. diante da casa do concello ou na Casa dos Peóns, ou as 10:00 h. na Área de Recreo de Cubelas, alí deixaremos os coches para subir en autobús ao punto de saída no Miradoiro de Gundián.
– Inscricións no teléfono 981 814 691
– Autobús gratuíto para inscritos.
Tamén se pode aproveitar esta ocasión para xantar na IV Festa do Chourizo, que se celebra o mesmo día na Área de recreo de Cubelas, en San Pedro de Sarandón. O festexo gastronómico inclúe un xantar campeiro ao carón do río Ulla cun menú a base de chourizos, churrasco, sobremesa e bebida a 15 euros por persoa (nenos ata 10 anos gratis).











