O Concello de Santiago organiza unha excursión á Festa da Istoria de Ribadavia

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

A Concellería de Centros socioculturais abre a partir deste xoves 18 de xullo, ás 17:00 horas, o prazo para participar na próxima viaxe do programa Imos de excursión 2013. Será a denominada “Galicia medieval: Festa da Istoria de Ribadavia”, que se realizará o sábado 31 de agosto. A excursión achegará os participantes á recoñecida festa medieval, gozando da música, pasarrúas, exposicións, postos de artesanía e gastronomia que ofrecerá a localidade ourensá de Ribadavia nesta data. A Festa da Istoria recorda, ano tras ano, a historia da vila e da súa bisbarra, recuperando tradicións e vivencias de épocas pasadas nunha recreación medieval onde se encontran representadas as distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais daquela época.

A excursión ten un prezo de 15 euros por persoa e non inclúe a comida. Información e inscrición nos centros socioculturais.

18 de xullo de 2013 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.