O Concello de Santiago fai un chamamento para doar sangue por mor do descarrilamento do tren Alvia

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Local Portada ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O Concello de Santiago de Compostela informa que se habilita o edificio CERSIA (rúa Raimundo López Pol-San Lázaro) para a atención aos familiares. 

Faise un chamamento á cidadanía para que acudan a doar sangue ao Centro de Transfusión do Monte da Condesa (Campus Sur). Lémbrase que para doar é imprescindible, entre outros requisitos, non ter consumido bebidas alcólicas nas últimas 24 horas.

Así mesmo lembramos que, unha vez suspendidos os fogos, xa se procedeu á evacuación da praza do Obradoiro, que se realizou sen incidentes. Agradecemos o comportamento e a comprensión dos cidadáns presentes na praza.

O Goberno municipal lamenta profundamente este accidente e únese á dor das familias das vítimas.

25 de xullo de 2013 | 01:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.