O Concello de Ourense habilita unha liña de atención ao cidadán para os afectados polo accidente do Alvia
O Concello de Ourense ven de habilitar a liña do teléfono de atención ó cidadán (988 39 29 09) para que calqueira familiar dos afectados ourensáns polo accidente do Alvia prantexen calqueira necesidade de desprazamento, aloxamento ou atención de calqueira tipo que poidan necesitar nestes dolorosos intres. Asimesmo, a Corporación ourensá fai un chamamento a tódolos ourensáns a que se concentren mañá ás 12:00 na Praza Maior para amosar a súa dor.
O número da devandita liña estará habilitado para recibir as chamadas e atender ós achegados ou familiares das posibles víctimas ourensáns que, en desprazamento ou agardando noticias das victimas, poidan ser atendidas de calqueira xeito material ou humano cos medios municipais.
O Concello adopta esta medida logo de poñer onte a disposición da Coordinación da Xunta de Galicia tódolos seus dispositivos de Protección Civil e Bombeiros, e medios materiais e humanos para o proceso de rescate. O alcalde da cidade, Agustín Fernández, acudiu onte á zona para trasladarlle a súa solidariedade e disposición de colaboración ó presidente da Xunta.
Festas de A Ponte
Por outra banda, a concelleira de Cultura, Ana Garrido, reuniuse hoxe a mediodía coa Comisión de Festas de A Ponte para acordar a suspensión das celebracións en solidariedade coas víctimas. Por unaminidade, acordouse suspender a súa celebración por completo na xornada de hoxe.
Xa nesta xornada de Santiago, ningún membro do Goberno local acudiu á procesión relixiosa do Apóstolo en A Ponte.
Asimesmo, e seguindo as directrices da Fegamp, a Corporación municipal convocou para mañá cinco minutos de silencio na praza Maior a mediodía, como acontecerá en tódolos concellos galegos. A Corporación traslada o rogo a tódolos ourensáns para que acudan a presentar o seu respecto ás víctimas.
Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, quixo trasladar a solidariedade de tódolos ourensáns ós familiares de víctimas e afectados, e o profundo pesar da cidade das Burgas por este desgraciado accidente. O Concello declara sete días de loito oficial, sumándose ao loito decretado pola Xunta de Galicia. As bandeiras do Concello ondean desde esta mañá a media asta.











