O Concello de Ourense aproba as novas bases de selección de interinos e persoal laboral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOurense
A-
A+

O goberno municipal aprobou esta mañá, en mesa de negociación, as novas bases que rexirán a selección de persoal laboral e interino do Concello de Ourense. A directora xeral de Recursos Humanos, Carmen Rodríguez, reuniuse cos sindicatos con representación municipal, (USO, CSI-CSIF, UXT, CCOO e CIG) en mesa de negociación, na que se expuxo o sentido do voto de cada representante sindical e se fixo unha valoración da nova normativa.

A directora Xeral, tamén trasladou aos representantes sindicais, a introducción de modificacións no texto inicial, realizadas a proposta dos mesmos sindicatos, coma e a incorporación dos psicotécnicos coma probas prácticas.

Os técnicos municipais valoraron todas as propostas formuladas polos sindicatos, pero soamente se introduxeron na nova normativa, aquelas que según os informes técnicos, se adecúan á legalidade vixente.

Así as bases, foron aprobadas co apoio favorable de CCOO e UXT e o voto en contra de USO, CSI CSIF e CIG.

Os tres sindicatos que manifestaron o seu sentido do voto negativo esgrimen coma argumentos condicionar a súa aprobación á necesidade de dar prioridade a outras cuestións que deberían de quedar solucionadas en primeiro termo, e con anterioridade á aprobación das bases.

O goberno municipal valora a nova normativa coma un avance en materia de obxectividade e transparencia, e o fomento da eficacia nos procesos selectivos de persoal.

Unha vez aprobadas as bases en mesa de negociación, serán sometidas á consideración do órgano competente, a Xunta de Goberno Local, para a súa aprobación definitiva e posterior publicación, para a súa entrada en vigor, sendo de aplicación nos vindeiros procesos selectivos municipais.

Novidades propostas nas novas bases de selección de persoal

– MESMAS LISTAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL E FUNCIONARIO.

 – SISTEMA MÁIS TRANSPARENTE. As listas que se confeccionen serán públicas en todo momento a través da web e dos medios de comunicación local, e manterase actualizadas con datos de contratacións que se vaian realizando, de xeito que todos os interesados saiban en cada momento o posto que ocupan.

– AS LISTAS ÚNICAMENTE SE CONFECCIONARÁN CANDO SE PREVEA INCORPORAR NOVO PERSOAL DUNHA CATEGORÍA DETERMINADA, para evitar falsas expectativas de emprego ás persoas apuntadas.

– CONVOCATORIAS ESPECÍFICAS SEGUNDO AS PRAZAS A CUBRIR. No sistema actual o baremo de méritos e o procedemento de selección é o mesmo independentemente das categorías que se seleccionen. Tamén a composición do tribunal. No novo sistema, dentro do esquema común, poderán introducirse variacións para que en cada caso se valoren aspectos directamente relacionados coas prazas. Ademáis, constituirase un tribunal diferente para cada proceso.

– ELIMINACIÓN DA ENTREVISTA PERSOAL. Poderase acordar na convocatoria específica a realización dunha proba, de carácter práctico, para valorar non só os méritos, senón tamén os coñecementos dos aspirantes.

– PREMINENCIA DOS RESULTADOS DAS OPOSICIÓNS. Cando tras a realización dunha oposición resulten aspirantes que, sen aprobar o proceso, superen máis dun exame, automaticamente quedará formada a lista para prazas temporais, sen máis trámite, pois a superación destas probas é a maior garantía de mérito e capacidade que se pode establecer.

– VIXENCIA TEMPORAL DAS LISTAS. No sistema actual as listas teñen unha vixencia indefinida, e o número de persoas inscritas medra sen parar, pois prácticamente ninguén se dá de baixa.

30 de xullo de 2013 | 15:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.