O Concello de Ortigueira anuncia que as pistas de padel municipais deberán reservarse na Casa do Concello
Os cambios na xestión da Área deportiva da Preguiza, derivados da aprobación do rescate da concesión por parte do Concello de Ortigueira, comezan a facerse efectivos. Dende o goberno local infórmase de que, en diante, as solicitudes para reservar as pistas de padel municipais deberán presentarse nas instalacións da casa do concello.
Apuntan dende o concello que as persoas que queiran utilizar as dúas canchas para a práctica deste deporte existentes no ámbito da piscina, terán que solicitalas nas oficinas municipais de 9 a 14 horas, procedendo así mesmo no mesmo horario a aboar o importe derivado do uso destas nas oficinas de intervención municipal.
A construción das pistas de pádel fai xa máis de seis anos contribuíu a impulsar entre os orteganos a afección a este deporte, cada vez máis estendido. De feito, o municipio conta na actualidade cun club consolidado.











