O Concello de Oleiros acolle en Mera os festexos na honra á Virxe do Carme

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOleiros
A-
A+

17072013-24O lugar de Mera, no Concello de Oleiros acollerá do 18 ao 21 de xullo os festexos na honra á Virxe do Carme. As celebracións darán comezo o xoves 18 co festival “Made in Feito na House” no parque da Lagoa cos Dj´s invitados Roi, Óscar Code, Felipe Garo, D Sanints, RJ Junior, Fernando Mesa e Deep Break.

O venres 19 terá lugar unha gran sardiñada na praia de Mera a partires da 21.00 h. onde actuará tamén o grupo JJYSON.

O sábado 20 os festexos comezarán ás 19.00 h. coa Festa do Queique no parque da Lagoa coa actuación do grupo JJYSON. Ás 22.00 h. gran verbena coa actuación do grupo JJYSON e a orquestra Isla.

O domingo 21 a celebración iníciase ás 09.00 h. con dianas e alboradas co grupo de gaitas A Marola. Ás 13.00 h. misa solemne de Campaña no parque da Lagoa na honra á Virxe amenizada pola Coral Polifónica de Mera. A continuación terá lugar a sesió vermú a cargo da Orquestra Canadá. Ás 20.00 h. gran pulpeirada amenizada polo grupo Dúo Calú e ás 22.30 h. gran verbena coa actuación da orquestra Canadá.

17 de xullo de 2013 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.