O Concello de Neda promove un curso de informática a nivel iniciación gratuíto
O Concello de Neda, a través da Concellería de Educación e Cultura, anunciou esta mañá a apertura do prazo de inscripción para participar nun Curso de Informática que porá en marcha no mes de agosto. Segundo explicou a concelleira de área, Eva Olmo, o programa está dirixido a persoas sen coñecementos previos, xa que se trata dun curso de introducción á informática. Terá 12 horas de duración, que se repartirán en hora e media de luns a venres. O curso celebraráse na Aula de Informática da Casa da Cultura e as prazas son limitadas. Dará comezo o 5 de agosto e finalizará o 14 do mesmo mes.
A concelleira Eva Olmo explicou que as persoas interesadas en participar nesta iniciativa tan só deben formalizar a inscripción na Casa da Cultura ou ben chamar ao número de teléfono 981 39 02 33. A asistencia ao curso de informática nivel iniciación é completamente gratuíta e forma parte da oferta de actividades que organiza o Concello na Casa da Cultura.











