O Concello de Neda manterá aberto ata o día 12 o prazo de inscripción do Torneo de Verán de Fútbol 7

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalNeda
A-
A+

O campo municipal “Juanito González” de Neda albergará este mes a segunda edición do Torneo de Verán de Fútbol 7. Promovido polo Concello, conta coa colaboración da S.D.R. Neda. Os equipos interesados en tomar parte deberán formalizar a súa solicitude nos teléfonos 608 570 228 ou 639 887 730 antes do día 12. A cuota de inscripción por formación é de 80 euros. Nesta liña, o edil avanzou que a competición, para maiores de 18 anos, desenvolveráse durante todo o mes de xullo.

Así mesmo, o sorteo do calendario celebraráse o mesmo día 12, ás 21 horas no campo municipal. Estas instalacións acollerán a celebración dos partidos, en horario de tarde, cun calendario que dependerá dos equipos inscritos.

3 de xullo de 2013 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.