O Concello de Neda amplía a súa presenza nas redes sociais con espazos en facebook e twitter

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

O Concello de Neda vén de lanzar unha páxina en facebook e un perfil en twitter co ánimo de manter informada á veciñanza sobre a última actualidade municipal. Con esta entrada nas redes sociais a Administración local busca ofrecer un servizo de información máis próximo á cidadanía. Máis directo. Deste xeito, ambos espazos permitirán a consulta das últimas novas e eventos municipais, convocatorias, programas, servizos… Por medio destes canais online tamén se promocionarán todas as actividades culturais e turísticas que partan de Neda. Así, o Concello segue a ampliar a súa presenza nas redes sociais, xa que mantén tamén en facebook a páxina Neda Turismo.

Nesta liña, a Administración local informou de que este mesmo mes estreará tamén nova páxina web. Un portal máis atractivo visualmente, máis fácil manexo e, sobre todo, con máis completa información.

https://www.facebook.com/pages/Concello-de-Neda/448629901902214

15 de xullo de 2013 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.