publicidade hoxe

O Concello de Miño acollerá a XII edición da Feira da Cebola Chata

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMiño
A-
A+

24072013-4Miño celebrará os días 2, 3 e 4 de agosto de 2013 a doceava edición da Feira da Cebola Chata, un evento que inclúe a celebración da feira de oportunidades Miño Stocks dentro das súas actividades.

O programa inclúe venta directa de produtos da horta, demostracións de enrrestrado de cebolas, mostra de pintura, pasarúas, actuacións musicais e exhibicións de artesanía ao longo das xornadas, así como degustaciones gratuítas de empanada.

A feira realizase entre a rúa Mercado, rúa Pumariega e a pista polideportiva de Rabazal, onde se habilitan postos para que as ceboleiras chegadas de todo o municipio poidan expoñer e vender as cebolas.

A feira de oportunidades “Miño Stock” celebrarase este mesmo fin de semana incluida nas actividades da Feira da Cebola Chata 2013

Esta  nova edición da Feira da Cebola Chata de Miño incluirá  a celebración da feria de oportunidades Miño Stock dentro das súas actividades. Será a oitava edición desta cita na que a Asociación de Empresarios de Miño ofrece a posibilidade aos visitantes de adquirir produtos de primeira calidade a precios moi rebaixados.

A feria de oportunidades quedará instalada os días 2, 3 e 4 de agosto dentro da carpa ubicada na pista polideportiva de Rabazal, onde se liquidarán produtos de diferentes comercios do municipio, que ofertarán dende prendas de roupa, a calzado, pasando por artígos de regalo, mobles, fogar, confección, ferraxaría, óptica e reloxaría, entre otros artículos.

24 de xullo de 2013 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.