O Concello de Marín acollerá o campus de verán Celta de Vigo do 8 ao 13 de xullo
A Concellería de Deportes do Concello de Marín informa que a vindeira semana celebrarase nas instalacións do campo de San Pedro o “CAMPUS DE VERÁN DO CELTA DE VIGO” que terá lugar nas datas do luns día 8 ó sábado 13 de Xullo.
Trátase dun campus de formación e captación organizado polo clube vigués en diferentes concellos da xeografía galega e o norte de Portugal.
No caso do Concello de Marín, as actividades realizaranse en horario matinal e os participantes poderán disfrutar dos adestramentos plantexados polos monitores da Fundaciíon Celta de Vigo.











