O Concello de Fene contará con stand en Fimo
O Concello de Fene terá posto na 51º edición da FEIRA INTERNACIONAL DE MOSTRAS DO NOROESTE situado en Ferrol.
En concreto coa idea de abaratar custos e ser máis eficiente Fene compartirá posto co Concello de Cabanas tanto en custo do posto coma do persoal.
A presenza en FIMO afectará á caseta de turismo sita en avda Naturais que esta sermana pasará a abrir só polas mañás.
O horario de FIMO e polo tanto de atención do posto de Fene será de de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 Sábado e Domingo: de 11:00 a 21:00 (sen interrupción)











