publicidade hoxe

O Concello de Culleredo presenta a conta xeral de 2012 con 2,9 millóns de euros de remanente de tesouraría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O Concello de Culleredo presenta a conta xeral do exercicio económico 2012 cuns excelentes resultados. De feito, a liquidación presupostaria alcanza valores que non se lograban dende 2006.

O remanente de tesouraría bota unha cifra que reverte radicalmente a situación negativa do pasado exercicio (2011). Entón finalizou o ano con -819.207,96 euros de remanente e agora alcánzanse os 2.907.995,97 euros.

Isto mostra unha situación de liquidez a curto prazo ao superar os dereitos pendentes de cobramento máis os fondos líquidos na Tesouraría a final do exercicio superan os acredores pendentes de pagamento, unha vez descontado o efecto sobre estes dos gastos con financiamento
afectada.

Na liquidación presupostaria Culleredo logra un superávit de 3.037.603,79 euros. Esta cifra alcánzase ao dispoñer duns dereitos recoñecidos netos de 25.081.837,18 euros e unhas obrigas netas de 22.044.233,39 euros.

A nivel de equilibrio presupostario, a liquidación do presuposto do exercicio 2012 pon de manifesto, dende o punto de vista non financeiro, unha capacidade de financiamento por 2.503.286,11 euros.

Este remanente positivo permitiría ao Concello de Culleredo a amortización completa do crédito ICO subscrito o ano pasado para afrontar os pagamentos a provedores, a raíz do plan aprobado polo Goberno do Estado sobre as administracións locais. O equipo de goberno optou por amortizar 1,15 millóns de euros dos 2,1 millóns que compoñen o crédito con a intención de poder programar novos investimentos necesarios para os veciños de Culleredo, aproveitando así a xestión económica realizada.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, anuncia que está á espera de que o Goberno do Estado publique o decreto que permitirá este emprego do remanente para levar a cabo investimentos. O rexedor destaca as cifras conseguidas sobre a base das políticas de aforro impulsadas
en todas as áreas municipais.

9 de xullo de 2013 | 08:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.