publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Carnota acollerá a XXII Carreira das Areas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCarnotaDeportesDeportes PortadaLocal
A-
A+

O Concello de Carnota acollerá o sábado 24 de agosto unha nova edición da popular Carreira das Areas que cumpre o seu 22 aniversario. Dende a organización indican a todas aquelas que desexen participar unha serie de recomendacións e requisitos.

REGULAMENTO

1. A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónica pola empresa

CRONOTEC

2. A proba terá unha distancia de 10.000 metros, aproximadamente, para adultos dende os 16 anos en adiante e de 2.000 e 3.000 metros, aproximadamente, para nenos de 7 a 15 anos.

3. A saída estarán situada na Casa do Concello para a carreira de 10.000 metros. As categorías infantil e xuvenil farán a saída dende a praia.

4. O comezo da carreira para a categoría infantil será ás 11:00 e para a categoría xuvenil será ás 11:10. O comezo da de 10.000 metros será ás 12:00, aproximadamente.

Nota: os horarios non están libres de sufrir algunha modificación se se presenta algún imprevisto de última hora.

5. Termos e prezos das inscricións: Establécese un máximo de 500 participantes. Efectuaranse na páxina www.cronotec.com e poderanse facer ata o mércores 21 de agosto ás 23:00 h ou ata alcanzar os 500 participantes. O prezo de cada inscrición será de 3€. En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.

6. O tempo máximo de duración da proba 10 km será de 1 hora a partir da entrada en meta do primeiro corredor.

7. Cada participante toma parte na carreira baixo a súa responsabilidade e ha de ter un nivel de condición física e saúde suficiente para afrontala.

8. A Organización porá a disposición dos participantes un servizo de ambulancia para aqueles atletas que presenten algún síntoma de lesión.

9. A organización non se fai responsable dos accidentes ou lesións que os corredores se poidan facer durante o transcurso da carreira.

10. A entrega de dorsais e chips abrirase ás 09:30 na Casa do Concello e permanecerá aberta ata 30 minutos antes do inicio da proba. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,…) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.

11. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios.

12. Establécense as seguintes categorías:

a) Infantil: 2002-2006 (2.000 metros aprox.)

b) Xuvenil: 1998-2001 (3.000 metros aprox.)

c) Sénior: 1997-1983 (10.000 metros aprox.)

d) Veterano A : 1982-1968 (10.000 metros aprox.)

e) Veterano B: 1967-1958 (10.000 metros aprox.)

f) Superveterano: 1957 en adiante (10.000 metros aprox.)

13. A clasificación será absoluta e por categorías.

14. Establécense os seguintes premios:

-  Trofeo ós 3 primeiros clasificados en categoría absoluta (tres primeiros homes ou mulleres en cruzar a liña de meta).

- Trofeo ó primeiro clasificado en cada categoría.

- Trofeo á primeira clasificada en cada categoría.

- Medalla ó segundo e terceiro clasificados de cada categoría.

- Medalla á segunda e terceira clasificadas de cada categoría.

- Trofeo ó mellor clasificado ou clasificada empadroado ou nado no Concello de Carnota.

- Camiseta para tódolos participantes na carreira.

15. Existirá 1 posto de avituallamento intermedio, aproximadamente no quilómetro 7

16. As clasificacións da carreira poderán consultarse na páxina www.cronotec.es. Ademais todos os participantes recibirán un mail co seu
resultado.

17. As inscricións realizaranse nos lugares que se indican nas bases xerais e dentro dos prazos sinalados. Todo aquel que non se axuste a estas indicacións non poderá participar na proba.

18. Os corredores poderán utilizar o pavillón, situado a escasos metros da chegada, para asearse despois da carreira.

19. O Concello de Carnota, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva

20. Os participantes autorizan ós organizadores a rexistrar total ou parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera outro medio de difusión.

21. Todos os participantes, polo feito de tomar a saída na carreira, aceptan as presentes bases e regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida nel decidirá o comité organizador.

22. O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.

3 de xullo de 2013 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.