O Concello de Cambre retirará 5 vehículos da Vía Pública abandonados por unha empresa tras concluír o expediente sancionador
O BOP de xoves 11 de xullo publicou un anuncio referente a vehículos abandonados en vía pública. A Policía Local de Cambre instruíu varios expedientes a unha empresa polo abandono de 5 vehículos na C/ Ramón Cabanillas, El Temple e unha vez concluído o expediente ditouse resolución autorizando o tratamento residual destes, polo que unha empresa autorizada procederá á retira dos vehículos da vía pública e á súa posterior destrución e baixa.











