O Concello de Cambre adxudica as obras de pavimentación e servizos de Penaouviña e Fontenla
O goberno local adxudica as obras de Renovación dás redes de servizos e pavimentación en Penouviña (Cambre) e Fontela (Pravio) incluídos no post adicional do 2012 cun presuposto de execución de 79.720 euros á empresa “Construcións Mauri e Fillos”. Tras a formalización do contrato o prazo de execución das obras será de catro meses.
En concreto, a obra máis importante do proxecto dedicarase á pavimentación, rede de saneamento e augas pluviais, mobiliario novo, accesibilidade e construción de novas beirarrúas da urbanización Bellavista de Penaouviña. E en Fontenla, na parroquia de Pravio, trátase dun tramo no que é necesario unha rede nova de saneamento.
Por outro lado, tamén se adxudicou recentemente o contrato para a prestación do servizo consistente na organización e desenvolvemento de campamentos urbanos nos períodos vacacionais de verán e Nadal do ano 2013 á empresa “CAMBRE OCIO, S.L. ” por unha contía de 50.505,48 euros (IVE incluído). Haberá 108 prazas para os campamentos de verán e 70 para os de nadal. Os días de realización de cada período son os seguintes:
– Verán (42 días): 1ª quincena: do 1 ao 15 de xullo (de luns a venres).
2ª quincena: do 16 ao 31 de xullo (de luns a venres, salvo o día 25 de xullo que é festivo).
3ª quincena: do 1 ao 14 de agosto (de luns a venres salvo o 15 e 16 de agosto que é festivo).
4ª quincena: do 19 ao 30 de agosto (de luns a venres).
– Nadal (9 días):1º quenda: 23,24, 26 e 27 de decembro.
2ª quenda: 30 e 31 de decembro, 2,3 e 7 de xaneiro de 2014.
En Nadal os módulos repártense do seguinte xeito:
Módulo de almorzo: de 7:30 a 9:30 h (gardaría e almorzo).
Módulo de actividades de mañá: de 9:30 a 13:30 h. (actividades lúdico- deportivas e culturais).
Gardaría de13:30 a 14 h, para os nenos que non van comer e non van en bus.
Módulo comida: de 13:30 a 16:30 h. (atención aos nenos e nenas mentres comen e farán unha actividade conxunta antes de saír).
Transporte: Sairá ás 16:30 h e realizará as paradas nos centros escolares de Cambre.
En Verán:
Módulo de almorzo: de 7:30 a 9:30 h (gardaría e almorzo).
Módulo de actividades de mañá: de 9:30 a 14:30 h. (actividades lúdico- deportivas e culturais impartíndose unha delas en Inglés).
Gardaría de14:30 a 15 h para os nenos que non van en bus e recollen no campamento.
Transporte: Realizará as paradas nos centros escolares e sairá ás 14:30h.
Ademais farase unha saída cultural ou lúdica-deportiva (como mínimo) á semana dentro do horario do programa. O transporte contrátao o Concello pola súa conta e o persoal necesario é o das actividades.











