O Concello de Ares organiza o XV concurso de castelos na area

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresCalendarioLocal
A-
A+

XOVES, 8 DE AGOSTO ÁS 11:00H na Praia do Xuncal de ARES (diante do Parque Rosalía de Castro)

1º)Establécese a posibilidade de participar tanto de xeito individual coma en grupos de non máis de 3 persoas. Cando se opte pola modalidade en grupo os membros do grupo deben  pertencer ao mesmo tramo de idade das categorías establecidas (agás na categoría familiar).

2º) As categorías son as seguintes:

–  Menores de 7 anos

–  Entre 7-11 anos

–  Entre 12-17 anos

–  Familiar

A idade para participar nas diferentes categorías será a correspondente á que se teña cumprida na data do concurso.

3º) O prazo de inscrición será dende o luns 15 de xullo ao venres 2 de agosto (ambos incluídos) na Alianza Aresana en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres.

Tamén poderán inscribirse no número de teléfono 981.448.057

4º) Haberá un único premio para cada unha das categorías, podendo o xurado establecer algún accésit se así o considerase no momento.

5º) O xurado estará composto por persoal de Cultura do Concello de Ares e alguna persoa asistente e non participante escollida ao  chou  nese intre.

6º) Nos diferentes espazos habilitados para a realización dos castelos , non poderá atoparse ninguna persoa allea ó concurso, podendo o xurado declarar nula a obra por dito motivo.

7º) Todo imprevisto neste regulamento resolverase segundo decisión da organización. O feito de participar, implica a aceptción destas normas.

18 de xullo de 2013 | 11:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.