O Concello de Ares acollerá o Campionato Galego de Tenis Praia
O próximo fin de semana, o Concello de Ares servirá de sede para o Campionato Galego de Tenis Praia, que chega á súa segunda proba na Praia de Aresá de Areamorta.
Este “III Torneo de Tenis Praia Club de Tenis Redes. Concello de Ares” celebrarase entre o sábado e o domingo con catro categorias: sub 16, Sénior Masculino, Sénior Feminino e Sénior Mixto. A cita supón unha importante proba puntuable para o Campionato Galego, polo que se espera a asistencia de diversas parellas procedentes de distintos puntos de Galicia para tratar de sumar enteiros, gañar a clasificación para a proba final e poder loitar así polo entorchado galego no Masters Gallego que se celebrará no mes de Agosto.
As inscricións seguen abertas na web www.verandeportivo.com











