O Concello da Laracha mellora a rede viaria en varios núcleos da parroquia de Caión
O Concello da Laracha está a desenvolver o proxecto de mellora da rede viaria en varios núcleos de poboación da parroquia de Caión, unha actuación valorada nuns 60.000 euro e que é cofinanciada pola Deputación Provincial da Coruña.
A renovación do firme xa é unha realidade en A Pedreira, Goxán e tamén na estrada que comunica estes dous lugares.
Actualmente os operarios traballan no núcleo de O Outeiro e nos seus accesos, a carón do Santuario dos Milagres. José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, e Jesús Souto, edil responsable da área de obras públicas e urbanismo, reuníronse neste lugar co responsable da empresa que está a acometer os traballos para coñecer persoalmente e sobre o terreo o desenvolvemento dos mesmos.
Nos próximos días a actuación proxectada completarase cos traballos de mellora do pavimento que afectan ao núcleo de Cima de Vila.











