O Concello da Coruña remata as obras da avenida Finisterre entre rolda de Outeiro e Alfredo Vicenti

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Infraestructuras, informa da finalización das obras na avenida de Finisterre, tras máis de dúas semanas de traballos, e da apertura ao tráfico do tramo de obras entre Paseo de los Puentes e Médico Rodríguez.

A actuación, que forma parte do plan de renovación de pavimentos e espazos públicos no que o Goberno local inviste 150.000 euros (máis IVE), comezou o pasado 8 de xullo, e consistiu na reposición do asfaltado da avenida de Finisterre, a través de diferentes fases dende o cruzamento coa rolda de Outeiro ata a intersección coa rúa Alfredo Vicenti.

A falta de pequenos detalles, os traballos finalizan hoxe, quedando pendentes pequenos remates de obra (remate de sumidoiros e tapas de pozos) e pintura que se irá realizando nos próximos días. Ademais na segunda semana de agosto levarase a cabo unha actuación de selado, e a colocación de nova sinalización horizontal definitiva. Con este proxecto, a Concellaría de Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado segue adiante co seu compromiso de renovar e garantir unha mellor conservación das rúas da cidade, posto que, ata a chegada do actual equipo de goberno, o Concello da Coruña carecía dun verdadeiro plan para o mantemento de rúas.

As obras leváronse a cabo cunha acción coordinada entre as áreas de Infraestruturas e de Mobilidade do Concello co obxectivo de minimizar as molestias a veciños, condutores e usuarios da vía. Neste sentido, o Goberno local agradece a comprensión e colaboración dos coruñeses para que estas necesarias obras se puidesen executar sen problemas.

24 de xullo de 2013 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.