O Concello da Coruña informa de cambios provisionais na circulación por obras na cidade
A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios que, de xeito provisional, se producirán na circulación a partir de mañá, sábado 13 de xullo.
. A área de Infraestructuras continuará mañá coas obras de limpeza de cunetas e reposición de pavimentos na estrada do Portiño. Os traballos proseguirán ata o luns, 15 de xullo. En todo momento se manterán os dous sentidos de circulación, con tráfico alternativo a través de semáforos de obra.
. Os traballos de reparación de rede de sumidoiros na avenida de Arteixo, á altura do número 84, implican que mañá, sábado 13 de xullo, se corte o carril central en dirección saída da cidade entre as 08.30 e as 13.00 horas, desviándose a circulación polo carril esquerdo.
. A canalización da rede de alta tensión na rúa Enrique Mariñas obriga, a partir de mañá, sábado día 13, a ocupar o carril esquerdo e a zona aparcadoiro na zona do Hotel AC en dirección a Pocomaco. En todo momento se manterá un carril para cada sentido. Tamén será necesario suprimir ao redor de 30 metros de estacionamento no lateral do edificio Esvida. A previsión é restablecer a circulación o 9 de agosto.











